Os termos noradrenalina (do latín nor + ad + renal) e norepinefrina (do grego nor + epi + nephros) son intercambiables e co mesmo significado etimolóxico (nor + enriba dos riles). Nor é un prefixo químico [6]. Noradrenalina é o nome máis usado na maior parte do mundo e popularmente, polo que foi o elixido para o título deste artigo e o que principalmente se utilizará aquí, pero as autoridades médicas promoveron o termo norepinefrina como nomenclatura favorecida nalgúns países, e o termo é o máis usado en EEUU e aparece en moitos libros e publicacións científicas. A historia do nome da noradrenalina ten que ver coa do nome da adrenalina, que se descubriu primeiro. No século XIX O. Schäffer e despois J. J. Abel xa traballaran con extractos das glándulas adrenais. Abel extraeu deses extractos un benzoíl derivado ao que chamou epinefrina (pero non é a mesma substancia hoxe chamada así). En 1901 o xaponés J. Takamine foi o primeiro en extraer con éxito o verdadeiro principio ...
O cobalto natural só ten un isótopo estable, o Co-59. Caracterizáronse 22 radioisótopos sendo os máis estables o Co-60, o Co-57 e o Co-56 con vidas medias de 5,2714 anos, 271,79 días e 70,86 días respectivamente. Os demais isótopos radioactivos teñen vidas medias inferiores a 18 horas e a maioría menores de 1 segundo. O cobalto presenta ademais catro metaestados, todos eles con vidas medias menores de 15 minutos. A masa atómica dos isótopos do cobalto oscila entre 50 uma (Co-50) e 73 uma (Co-73). Os isótopos máis lixeiros có estable (Co-59) se desintegran principalmente por captura electrónica orixinando isótopos de ferro, mentres que os máis pesados có isótopo estable se desintegran por emisión beta dando lugar a isótopos de níquel. O cobalto-60 úsase en radioterapia en substitución do radio polo seu menor prezo. Produce dous raios gamma con enerxías de 1,17 MeV e 1,33 MeV e ao ser a fonte empregada duns dous centímetros de radio provoca a aparición de zonas de ...
Durante o exercicio intenso, cando hai excesiva demanda de enerxía, prodúcese lactato a un ritmo maior ca o que poden os tecidos eliminalo e a concentración de lactato comeza a aumentar. Antes pensábase, e moita xente aínda así o cre, que a acumulación de lactato nesas situacións era a causante directa da acidose e a responsable das maniotas, que aparecen despois do exercicio intenso. Hoxe sabemos que non é así. En realidade, o lactato non pode liberar H+ porque éstá ionizado (non está en forma de ácido láctico que se poida desprotonar), polo que non provoca acidez [4][5]. A acidose que aparece despois do exercicio ten que deberse a outra reacción distinta. Unha hipótese é que cando se hidroliza o ATP se libera enerxía, pero tamén un H+. Este catión é o principal responsable da diminución do pH (acidificación). Debido á gran cantidade de ATP producido e hidrolizado en tan pouco tempo durante o exercico intenso, os sistemas tampón dos tecidos non poden amortecer o pH, ...
Ötzi, o cadáver achado nos Alpes e datado cara a 3300 a. C., levaba unha machada de cobre cun 99,7 % de cobre e un 0,22 % de arsénico.[20][21] Desta época data tamén o sitio de Los Millares (Almería, España), centro metalúrxico próximo ás minas de cobre da serra de Gádor. Non se sabe como nin onde xurdiu a idea de engadir estaño ao cobre, producindo o primeiro bronce. Crese que foi un descubrimento imprevisto, xa que o estaño é máis brando que o cobre e, con todo, ao engadilo ao cobre obtíñase un material máis duro cuxos fios conservábanse máis tempo,[18] O descubrimento desta nova tecnoloxía desencadeou o comezo da Idade de Bronce, datado en torno a 3000 a. C. para Oriente Próximo, 2500 a. C. para Troia e o Danubio e 2000 a. C. para China. No xacemento de Bang Chian, en Tailandia, dataronse obxectos de bronce anteriores ao ano 2000 a. C.[22] Durante moitos séculos o bronce tivo un papel protagonista e cobraron grande importancia os xacementos de estaño, a miúdo ...
Hai indicios do uso de ferro, seguramente procedente de meteoritos, catro milenios a. C., polos sumerios e exipcios. Entre dous e tres milenios antes de Cristo foron aparecendo cada vez máis obxectos de ferro (que se distingue do ferro proveniente dos meteoritos pola ausencia de níquel) na Mesopotamia, Anatolia e Exipto. Mentres tanto, o seu uso parece ser cerimonial, por ser un metal moi caro, máis que o ouro. Algunhas fontes suxiren que talvez era obtido como subproduto da obtención do cobre. Entre 1600 e 1200 a.C., obsérvase un aumento do seu uso no Oriente Medio, porén non foi usado para substituír o bronce.[6] Entre os séculos XII e X antes de Cristo, ocorreu unha rápida transición no Oriente Medio na substitución das armas de bronce polas de ferro. Esta rápida transición talvez teña ocorrido debido a unha escaseza de estaño ou a unha melloría na tecnoloxía do traballo co ferro. Este período, que ocorreu en diferentes ocasións segundo o lugar, denominouse Idade de Ferro, ...
O cortisol (glicocorticoide) e a adrenalina (catecolamina) son as principais hormonas liberadas polo corpo como reacción ao estrés. Aumentan a presión sanguínea e preparan o corpo para loitar ou fuxir. Un dos efectos da cortisona sobre o corpo é a supresión do sistema inmunitario, que é un dos efectos secundarios daniños que pode ter en certos tratamentos. Isto podería explicar a aparente correlación entre un gran estrés e o cansazo. A cortisona pode utilizarse como fármaco para tratar unha gran variedade de enfermidades. Pode ser administrada por vía intravenosa, oral, intraarticular[5] ou cutánea. Tamén pode utilizarse unha inxección de cortisona para aliviar de forma temporal a dor e reducir a inflamación dunha articulación, tendón ou bolsa articular en, por exemplo, a articulación do xeonllo, cóbado ou ombro.[6] A cortisona tamén pode ser usada para suprimir deliberadamente a resposta inmune en persoas con enfermidades autoinmunes ou como tratamento despois do ...
A cistina é un agonista da acetilcolina, e ten unha forte afinidade polo receptor de acetilcolina nicotínico, ao que se une. Como preparado farmacéutico, está dispoñible para o tratamento do tabaquismo, xa que axuda a deixar de fumar. Extráese das sementes de Cytisus laborinum e foi moi utilizada durante máis de 40 anos nos antigos países socialistas do leste de Europa como axuda para deixar de fumar comercializada coa marca Tabex fabricada pola compañía farmacéutica búlgara Sopharma AD. A droga sintética vareniclina, que ten semellanzas estruturais e farmacolóxicas coa citisina, tamén se usa como tratamento para deixar de fumar. En 2011, un ensaio controlado aleatorio con 740 pacientes encontrou que a citisina melloraba a abstinencia en 12 meses de nicotina desde un 2,4% que mostraron os pacientes aos que se lles administrou placebo ata un 8,4% nos que tomaron citisina.[5] Unha metaanálise de 2013 de oito estudos demostrou que a citisina ten unha efectividade similar á doutras ...
O ácido cítrico é un ácido orgánico tricarboxílico presente na maioría das froitas, sobre todo en cítricos como o limón e a laranxa. A súa fórmula química é C6H8O7 É bo conservante e antioxidante natural que se engade industrialmente no envasado de moitos alimentos como as conservas vexetais enlatadas. En bioquímica aparece como unha molécula intermediaria no ciclo do ácido tricarboxílico, proceso realizado pola maioría dos seres vivos. O nome (normas IUPAC) é ácido 2-Hidroxi-1,2,3-propanotricarboxílico. ...
Chegouse a atopar dióxido de manganeso, MnO2, en pinturas rupestres (dando unha cor negra). Tamén se utilizaron ao longo da historia, por exemplo polos exipcios e os romanos, compostos de manganeso para decolorar o vidro ou ben darlle cor. Así mesmo atopouse manganeso na minas de ferro utilizadas polos espartanos, e pénsase que talvez sexa debido a isto a especial dureza dos seus aceiros. No século XVII, o químico alemán Glauber, produciu por primeira vez permanganato, un reactivo de laboratorio bastante empregado. A mediados do século XVIII, o dióxido de manganeso empregouse para a produción de cloro. O químico sueco Scheele foi o primeiro que descubriu que o manganeso era un elemento, pero foi Johan Gottlieb Gahn quen o illou por redución do dióxido con carbono. A principios do século XIX comezouse a probar o manganeso en aliaxes de aceiro, i en 1816 comprobouse que endurecía ao aceiro sen facelo máis fráxil. ...
A nitroglicerina (nome IUPAC trinitrato de 1,2,3-propanotriol) é un éster orgánico, que se obtén mesturando ácido nítrico concentrado, ácido sulfúrico e glicerina. A súa fórmula molecular é C3H5N3O9. O resultado é altamente explosivo. É un líquido a temperatura ambiente, o cal a fai altamente sensible a calquera movemento, facendo moi difícil a súa manipulación, aínda que se pode conseguir unha estabilidade relativa engadíndolle algunhas substancias como o aluminio. Pódese extraer empregando como precursor o xabón. Usualmente transpórtase en caixas acolchadas a baixa temperatura para diminuír o risco de explosión, xa que se excede os 41 °C (temperatura límite estimada) prodúcese unha reacción moi violenta debido á axitación intermolecular: ...
O hidróxido de aluminio, Al (OH) 3, é a forma máis estable do aluminio en condicións normais. Na natureza constitúe o mineral chamado gibbsita. Relacionados co hidróxido de aluminio están o hidróxido óxido de aluminio, AlO (OH), e o óxido de aluminio, Al2O3, que se diferencia só pola perda de auga. Estes compostos xuntos son os compoñentes principais do mineral chamado bauxita. O carácter do "hidróxido de aluminio" foi polémico. É seguro dicir que a representación polos ións Al3+ e OH- está sobresimplificada. Formas máis ou menos hidratadas son moi frecuentes. Algunhas persoas escriben Al2O3. x H2O en lugar da forma primeiramente escrita nesta páxina. O hidróxido de aluminio é anfótero. En condicións fortemente ácidas fórmase o Al (OH) 2+; en condicións fortemente básicas, fórmase o Al (OH) 4-. Estes son os ións principais en disolucións diluídas; en disolucións concentradas, fórmanse ións poliméricos que poden ser moi complexos. Os sales do anión Al(OH) 4- ...
A sacarosa (azucre de mesa) é un disacárido de glicosa e frutosa. Sintetízase nas plantas, pero non en animais superiores. Non contén ningún átomo de carbono anomérico libre, posto que os carbonos anoméricos das dúas unidades monosacáridas constituíntes están unidos entre si, covalentemente, mediante un enlace O-glucosídico. Por esta razón, a sacarosa non é un azucre redutor e tampouco posúe un extremo redutor. O seu nome abreviado pode escribirse como Glc(a -1à 2)Fru ou como Fru(b 2à 1)Glc. A sacarosa é un produto intermedio principal da fotosíntese. En moitas plantas constitúe a forma principal de transporte de azucre dende as follas a outras partes da planta. Nas sementes xerminadas de plantas, algunhas graxas e proteínas almacenadas convértense en sacarosa para o seu transporte a partir da planta en desenvolvemento. ...
Algúns dos seus sales son bastante insolúbeis como, por exemplo, o sulfato de calcio (CaSO4), carbonato de calcio (CaCO3), oxalato etc., e o calcio forma parte de distintos biominerais. Así, no ser humano, está presente nos ósos como hidroxiapatita cálcica, Ca10(OH)2(PO4)6, nos dentes como fluorohidroxiapatita (algúns OH- sustitúense por F-), ou como carbonato de calcio no ouvido interno. Outros biominerais están presentes en exoesqueletos, en conchas e nas cascas de ovos de diferentes animais e na forma de diferentes sales. Outra función do calcio está relacionada coa coagulación do sangue, a través da súa relación coa proteína protrombina. É o factor de coagulación IV. É, por tanto, un importante compoñente da dieta. A cantidade diaria recomendada para os adultos oscila entre 800-1000 mg, cantidade que debe incrementarse durante o crecemento (9-18 anos), na gravidez, na lactación e, posteriormente, na menopausa até 1200-1300 mg. Os produtos comerciais especifican nos seus ...
O potasio, do latín científico potassium, e este do neerlandés pottasche, cinza de pote, nome con que o bautizou Humphry Davy ao descubrilo en 1807, foi o primeiro elemento metálico illado por electrólise, no seu caso do hidróxido de potasio (KOH), composto de cuxo nome latino, Kalĭum do árabe al-qali, provén o símbolo químico do potasio. O propio Davy facía o seguinte relato do seu descubrimento ante a Royal Society of London o 19 de novembro de 1807: «Coloquei un pequeno fragmento de potasa sobre un disco illado de platino que comunicaba co lado negativo dunha batería eléctrica de 250 placas de cobre e zinc en plena actividade. Un fío de platino que comunicaba co lado positivo foi posto en contacto coa cara superior da potasa. Todo o aparello funcionaba ao aire libre. Nestas circunstancias manifestouse unha actividade moi viva; a potasa empezou a fundirse nos seus dous puntos de electrización. Houbo na cara superior (positiva) unha viva efervescencia, determinada polo ...
A isoleucina é un aminoácido tanto glicoxénico coma cetoxénico. Despois de transaminarse co alfa-cetoglutarato o seu esqueleto carbonado pode converterse tanto en succinil-CoA coma en acetil-CoA. Cando se converte en succinil-CoA, este entra no ciclo do ácido cítrico para a súa conversión en oxalacetato para a gliconeoxénese (por tanto, é glicoxénico). Cando se converte en acetil-CoA, este pode entrar no ciclo do ácido cíclico ao condensarse co oxalacetato para formar citrato, pero tamén pode usarse para a síntese de ácidos graxos e corpos cetónicos (por tanto, é tamén cetoxénico). A biotina, tamén denominada ás veces vitamina B7 é imprescindible para o catabolismo da isoleucina (e da leucina). Sen ela o organismo humano non podería degradar completamente a isoleucina e a leucina [5]. A carencia de biotina e a mala degradación da isoleucina pode levar a diversas complicacións fisiolóxicas (relacionadas co mantemento do músculo e a síntese proteica, e metabolismo ...
Reaccións anapleróticas. O piruvato pode orixinar oxalacetato, que é un metabolito do ciclo de Krebs, polo que esta é unha reacción de "recheo" do ciclo de Krebs ou reacción anaplerótica. O oxalacetato pode ser utilizado na gliconeoxénese para producir nova glicosa. Metabolito intermediario. O piruvato é un metabolito chave na intersección de varias vías metabólicas. Pode ser convertido en carbohidratos por gliconeoxénese, en ácidos graxos ou en enerxía a través do acetil-CoA, no aminoácido alanina (por transaminación), e en etanol. Degradación de aminoácidos. Na degradación dos esqueletos carbonados dos aminoácidos, hai cinco deles, a alanina, treonina, glicina, serina e cisteína, que orixinan piruvato. Este despois dá lugar a acetil-CoA. Derivados. O seu derivado, o ácido bromopirúvico está sendo estudado como posible tratamento do cáncer na Johns Hopkins University en liñas de investigación que apoiarían a hipótese de Warburg sobre a orixe do cáncer. ...
A meirande parte dos métodos de preparación do cloruro de rubidio puro implican a reacción do seu hidróxido co ácido clorhídrico, seguido de recristalización: RbOH (aq) + HCl (aq) → RbCl (aq) + H2O(l) Outro posible método baséase no equilibrio químico que segue: Rb(s) + NaCl(s) ←→ RbCl(l) + Na(s) Unha técnica costosa require a reacción do metal rubidio co halóxeno desexado: 2Rb(s) + Cl2 2(g) → 2RbCl(s) Dado que o RbCl é higroscópico debe ser protexido contra la humidade atmosférica, por exemplo, cun deshidratante. O RbCl utilizase sobre todo en laboratorios polo que os provedores prodúceno en cantidades pequenas segundo se vaia precisando. Ofrecese en variedade de formas para a investigación química e biomédica. ...
O loracepam (tamén denominado coas marcas comerciais Ativan® e Temesta®) é unha droga do tipo das benzodiacepinas. Como estas, o loracepam cumpre as cinco principais accións destes fármacos: (sedativa/hipnótica, relaxante muscular, ansiolítica, amnésica e anticonvulsionante. ...
O terbio foi descuberto en 1843 polo químico sueco Carl Gustaf Mosander, quen o detectou coma impureza no óxido de ytrio. O seu nome débese á localidade sueca Ytterby. Non foi illado en estado puro ata que se fixeron habituais as novas técnicas de intercambio de ións. Este elemento clasificase coma terra rara. O termo "rara" pode conducir a equívoco, pois o terbio é máis común que metais coma a prata ou o mercurio. Antigamente empregábase esta terminoloxía porque os elementos clasificados coma tal eran moi difíciles de separar uns doutros. Non eran raros na Terra, senón que eran raramente empregados para algo. ...
A sobredose por ibuprofeno converteuse en algo común desde que se pode conseguir sen receita. Hai moitos casos de sobredose na historia da medicina, aínda que a cantidade de complicacións que ameazan a vida por sobredose de ibuprofeno é baixa.[21] A resposta humana nos casos de sobredose esténdese desde a ausencia de síntomas, ao resultado fatal a pesar de tratamentos en coidados intensivos. A maoiría dos síntomas son un exceso da acción do ibuprofeno e inclúen dor abdominal, náuseas, vómitos, somnolencia, mareos, dor de cabeza, acúfenos (zunido de oídos) e nistagmo. Rara vez os síntomas poden ser máis graves; coñécense algúns como hemorraxia gastrointestinal, convulsións, acidose metabólica, hiperpotasemia, hipotensión, bradicardia, taquicardia, fibrilación auricular, coma, insuficiencia hepática, insuficiencia renal aguda, cianose, depresión respiratoria e paro cardíaco.[22] A gravidade dos síntomas varía segundo a dose inxerida e o tempo transcorrido, porén, a ...
A neomicina é un aminoglicósido, un grupo de substancias que teñen a capacidade de unirse a un dúplex de ARN con grande afinidade. Un estudo feito por Daniel Pilch et al. na Universidade de Rutgers determinou que a constante de asociación da neomicina co sitio A do ARN estaba no rango de ~109. Porén, máis de 50 anos despois do seu descubrimento, as súas propiedades de unión ao ADN aínda non se coñecían. En 2000, Dev P. Arya et al. da Universidade Clemson descubriron que a neomicina induce unha enorme estabilización térmica do tríplex de ADN pero ten pouco ou case ningún efecto sobre a estabilización dos dúplex de ADN. Os seus traballos demostraron que a neomicina se une a estruturas que adoptan a forma estrutural A, unha das cales é o tríplex de ADN, e que a neomicina mesmo induce a formación da forma tríplex híbrida ADN:ARN [7]. ...
O adenosín trifosfato (ATP) é un composto de grande importancia biolóxica, xa que actúa como mecanismo de control en certas reaccións bioquímicas que se dan na célula. Coñécese tamén coma a moeda de enerxía celular, debido a alta enerxía de hidrólise de enlaces fosfoanhidro de fácil acceso. O ATP forma parte do grupo bioquímico dos nucleótidos, a súa base nitroxenada é a adenina e o seu monosacárido é a ribosa. Cabe dicir que como o seu nome indica, no carbono 5 posúe unha cadea de tres fosfatos unidos, o primeiro, únese ao carbono 5 mediante enlace fosfodiéster moi estable, e os outros dous aos fosfatos por medio de enlace anhidro (ou fosfoanhidro) de alta enerxía e máis facilmente hidrolizables. A hidrólise dun dos dous enlaces anhidro (xeralmente o do último fosfato), ten un incremento de enerxía libre de Gibbs de 30,5 kJ/mol. Esta enerxía é aproveitábel para formar enlaces cuxa formación sería endergónica se non estiver acoplada a dita hidrólise, un claro ...
Os únicos minerais rendibles para a extracción do xermanio son a xermanita (69% de Ge) e ranierita (7-8% de Ge); ademais está presente no carbón, a arxirodita e outros minerais. A maior cantidade, en forma de óxido (GeO2), obtense como subproduto da obtención do cinc ou de procesos de combustión de carbón (en Rusia e China encóntrase o proceso en desenvolvemento). A purificación do xermanio pasa polo seu tetracloruro que pode ser destilado e logo é reducido ao elemento con hidróxeno ou con magnesio elemental. Con pureza do 99,99%, para usos electrónicos obtense por refino mediante fusión por zonas resultando cristais de 25 a 35 mm usados en transistores e díodos; con esta técnica as impurezas pódense reducir ata 0,0001 ppm. O desenvolvemento dos transistores de xermanio abriu a porta a numerosas aplicacións electrónicas que hoxe son cotiás. Entre 1950 e a principios dos 70, a electrónica constituíu o groso da crecente demanda de xermanio ata que empezou a substituírse polo ...
A hipótese da mente dopaminérxica trata de explicar as diferenzas entre os humanos modernos e os seus antepasados homínidos centrándose nos cambios no uso da dopamina.[27] A hipótese supón que o incremento dos niveis de dopamina foi parte dunha adaptación fisiolóxica xeral debido ao incremento do consumo de carne hai uns dous millóns de anos por parte do Homo habilis, e despois isto amplificouse polos cambios na dieta e outros factores ambientais e sociais que comezaron hai uns 80.000 anos. Nesta hipótese, a personalidade "alta en dopamina" caracterízase pola elevada intelixencia, un sentido do destino persoal, preocupación cósmica/relixiosa, unha obsesión en conseguir determinadas fins e conquistas, un desapego emocional que en moitos casos leva á crueldade, e unha mentalidade favorable á toma de riscos. Proponse que os altos niveis de dopamina están detrás dun incremento dos trastornos psicolóxicos nas sociedades industriais. De acordo con esta hipótese, unha "sociedade ...
Xeralmente obtense a partir de dióxido de xofre, por oxidación con óxidos de nitróxeno en disolución acuosa. Normalmente despois lévanse a cabo procesos para conseguir unha maior concentración do ácido. A molécula presenta unha estrutura piramidal, co átomo de xofre no centro e os catro átomos de osíxeno nos vértices. Os dous átomos de hidróxeno están unidos a cadanseu átomo de osíxeno. Dependendo da disolución, estes hidróxenos pódense disociar. Na auga compórtase como un ácido forte na súa primeira disociación, dando o anión monohidroxenosulfato, e como un ácido débil na segunda, dando o anión sulfato. ...
Os antiinflamatorios non-esteroides[1] (abreviado AINE) son un grupo variado e químicamente heteroxéneo de fármacos principalmente antiinflamatorios, analxésicos e antipiréticos, os cales reducen os síntomas da inflamación, a dor e a febre. Todos eles exercen os seu efecto mediante a inhibición da enzima ciclooxixenase. ...
O alprazolam é unha droga das benzodiacepinas ansiolíticas empregada para tratar os problemas da ansiedade e como tratamento adxunto para a depresión. O seu nome comercial é, entre outros, o de Trankimazin®. ...
O helio líquido (helio-4) encóntrase en dúas formas distintas: helio-4 I e helio-4 II, entre os que se produce una brusca transición a 2,1768 K (punto lambda) á presión de vapor. O He-I, por riba desa temperatura é un líquido normal, pero o He-II, por debaixo dela, non se parece a ningunha outra substancia converténdose nun superfluído con características raras debidas á efectos cuánticos, un dos primeiros casos nos que se teñen observado a escala macroscópica. O helio-II ten unha viscosidade nula polo que flúe con facilidade a través de finos capilares a través dos que o helio-I non pode fluír, e ten ademais unha condutividade térmica moito maior que calquera outra substancia. Exhibe un efecto fonte, de xeito que se se somerxe parcialmente un tubo cun extremo capilar en helio-II e quéntase o tubo para superar o punto lambda, o helio-I verterase polo extremo libre do tubo a modo de fonte, producíndose un fluxo constante de helio-II a través do capilar cara ao tubo quente. ...
A descomposición da L-tirosina (ou para-hidroxifenilalanina) empeza cunha transaminación co α-cetoglutarato catalizada pola tirosina transaminase para dar para-hidroxifenilpiruvato. A descrición posicional para (abreviado p) significa que o grupo hidroxilo e a cadea lateral no anel fenilo están unha en fronte da outra (nunha liña recta, 180º). A seguinte reacción oxidativa catalizada pola p-hidroxilfenilpiruvato-dioxixenase converte o p-hidroxifenilpiruvato en homoxentisato (2,5-dihidroxifenil-1-acetato). Despois, para escindir o anel aromático do homoxentisato requírese outra dioxixenase, a homoxentisato-oxixenase. Así, coa incorporación dunha molécula máis de O2 orixínase maleilacetoacetato. A partir do maleilacetoacetato orixínase fumarilacetato grazas á intervención da maleilacetoacetato-cis-trans-isomerase, que cataliza a rotación do grupo carboxilo creado por oxidación do grupo hidroxilo. Esta isomerase cis-trans contén o coencima glutatión. O fumarilacetoacetato é ...
RxNorm: 1311381. *UNII: 3FPU23BG52. *↑ 1,0 1,1 1,2 "NIOSH Pocket Guide to Chemical Hazards #0619". National Institute for ...