O acetil-CoA é unha molécula básica no metabolismo lipídico. Para sintetizar un ácido graxo requírese acetil-CoA e malonil-CoA, o cal se obtén a partir do acetil-CoA. Na síntese de terpenos e esteroides o acetil-CoA tamén é a molécula básica necesaria. En canto ao metabolismo degradativo, na beta-oxidación dos ácidos graxos o ácido graxo rompe en grupos de dous carbonos, que se liberan en forma de acetil-CoA. Nos animais o acetil-CoA é esencial para equilibrar os metabolismos de carbohidratos e de lípidos. En circunstancias normais, o acetil-CoA procedente do metabolismo de ácidos graxos alimenta o ciclo do ácido cítrico, contribuíndo grandemente á produción de enerxía na célula. No fígado, cando os niveis de ácidos graxos circulantes son altos, a produción de acetil-CoA a partir da degradación das graxas excede os requirimentos enerxéticos da célula. Para poder darlle un uso a ese exceso de acetil-CoA, prodúcense corpos cetónicos, os cales poden circular polo ...
A oxitocina sintetízase no hipotálamo e segrégase na neurohipófise ou pituitaria posterior. No hipotálamo a oxitocina prodúcese nas células magnocelulares neurosecretoras dos núcleos supraóptico e paraventricular e almacénase nos corpos de Herring nos terminais axónicos da neurohipófise. Despois, libérase aos vasos sanguíneos da neurohipófise. Estes axóns (probablemente, pero non se pode desbotar que sexan dendritas) teñen colaterais que innervan os receptores de oxitocina no núcleo accumbens.[14] Suxeriuse que os efectos hormonais periféricos e os efectos cerebrais sobre o comportamento da oxitocina están coordinados pola súa liberación común a través destes colaterais.[14] A oxitocina tamén se produce nalgunhas neuronas do núcleo paraventricular que se proxectan a outras partes do cerebro e da medula espiñal.[15] Dependendo da especie, as células que expresan receptores para oxitocina están localizadas noutras áreas, como a amígdala e zonas da estría terminal. ...
A D-serina, sintetizada no cerebro pola serina racemase a partir da L-serina (o seu enantiómero), funciona tanto como neurotransmisor coma gliotransmisor ao activar os receptores NMDA, capacitándoos para abrirse cando se unen ao glutamato. A D-serina é un potente agonista do sitio da glicina do receptor do glutamato de tipo NMDA. Para que se abra o receptor, deben unirse a el o glutamato e ou ben a glicina ou ben a D-serina. De feito, a D-serina é un agonista máis potente ca a propia glicina para unirse ao sitio da glicina do receptor NMDA. Ata tempos relativamente recentes pensábase que a D-serina só existía en bacterias; e foi o segundo D-aminoácido que se descubriu que existía de forma natural nos humanos, nos que está presente no cerebro funcionando como unha molécula sinalizadora (coñecíase xa a existencia nos humanos do D-aspartato). Se os D-aminoácidos tivesen sido descubertos antes nos seres humanos, o chamado sitio da glicina do receptor NMDA probablemente se chamaría ...
Wikipedia:Artigos con identificadores RxNorm. *Wikipedia:Artigos con identificadores UMLS. *Wikipedia:Artigos con ...
O ácido mirístico[3] (ou ácido tetradecanoico) é un ácido graxo saturado moi común coa fórmula molecular CH3(CH2)12COOH. Un miristato é un sal ou éster do ácido mirístico.. O ácido mirístico recibe o seu nome do nome científico da noz moscada (Myristica fragrans). A manteiga de noz moscada é nun 75% trimiristina, o triglicérido formado por glicerina e tres ácidos mirísticos. Ademais de na noz moscada, o ácido mirístico atópase no aceite de sementes de palma, aceite de coco, manteiga (do leite) e é un compoñente menor de moitas outras graxas.[2] Tamén se encontra no espermaceti, a fracción cristalizada do aceite de esperma de balea.. Na célula o ácido mirístico con frecuencia engádese cotraducionalmente á penúltima glicina do extremo N-terminal de quinases asociadas a receptores para conferirlle ao encima "localización de membrana" (o encima queda asociado á membrana). Esta adición denomínase miristoilación[4][5]. O ácido mirístico ten unha
O paracetamol ten un índice terapéutico moi axustado. Isto significa que a dose normal (un máximo ao día de 4 gramos en adultos) é próxima á sobredose[6]., facendo del un composto perigoso. Unha dose única de paracetamol de 10 g ou doses continuadas de 5 g/día nun non consumidor de alcol con boa saúde, ou 4 g/día nun consumidor habitual de alcol, poden causar danos importantes no fígado. Sen un tratamento adecuado no momento oportuno, a sobredose ou a dose case normal de paracetamol pode dar como resultado un fallo hepático (insuficiencia hepática) seguido da morte inevitable. Debido á ampla dispoñibilidade sen receita do paracetamol (acetaminofen) -como Especialidade Farmacéutica Publicitaria, EFP=OTC (OTC nos EEUU)-, este utilizouse en moitos intentos de suicidio. O antídoto específico da intoxicación por paracetamol - ou acetaminofen - é a Acetil-Cisteína por vía intravenosa. A FDA -axencia para medicamentos e alimentos dos EEUU - pediu a todos os laboratorios que ...
Esta vitamina hidrosoluble, tamén coñecida como riboflavina, intervén nos procesos encimáticos relacionados coa respiración celular, en oxidaciones tisulares e na síntese de ácidos graxos. É necesaria para a integridade da pel e das mucosas e pola súa actividade osixenadora da córnea para a boa visión. A súa presenza faise máis necesaria cantas máis calorías incorpore a dieta. As súas fontes naturais son as carnes e produtos lácteos, cereais, fermentos e vexetais verdes. As súas necesidades diarias son de 1,5 mg para nenos e de 1,7 mg para adultos. Por outra banda, a riboflavina non é almacenada polo organismo, polo que o exceso de consumo se elimina por vía urinaria. A súa carencia xera trastornos oculares, bucais e cutáneos, cicatrización lenta e fatiga. Máis que á unha inxesta insuficiente pode ser debida a réximes non equilibrados, alcoholismo crónico, diabetes, hipertiroidismo, exceso de actividade física, estados febrís prolongados, lactación artificial, ...
RxNorm: 9549. *UNII: 42OD65L39F. Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a ...
O arsénico presenta tres estados alotrópicos, gris ou metálico, amarelo e negro. O arsénico gris metálico (forma α) é a forma estable en condicións normais e ten estrutura romboédrica, é un bo condutor da calor pero pobre condutor eléctrico, a súa densidade é de 5,73 g/cm³, é deleznable e perde o lustre metálico se se expón ao aire. O arsénico amarelo (forma γ) obtense cando o vapor de arsénico se arrefría rapidamente. É extremadamente volátil e máis reactivo que o arsénico metálico e presenta fosforescencia a temperatura ambiente. O gas está constituído por moléculas tetraédricas de As4 de forma análoga ao fósforo e o sólido formado pola condensación do gas ten estrutura cúbica e ten unha densidade aproximada de 1,97 g/cm³. Exposto á luz ou ao calor reverte á forma estable (gris). Tamén se chama arsénico amarelo ao oropimente, o mineral de trisulfuro de arsénico. Unha terceira forma alotrópica, o arsénico negro (forma β), de estrutura hexagonal e ...
Como tratamento da depresión (a súa efectividade máis aló das 8 semanas non foi avaliada en ensaios controlados) e como fármaco de segunda liña no trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH). Particularmente, é de elección naqueles pacientes que padecen disfuncións sexuais inducidas por outros antidepresivos, posto que se vincula cun incremento da libido. Ademais, mostra vantaxes comparativas respecto dos axentes convencionais no tratamento dos episodios depresivos comórbidos á enfermidade de Parkinson e da depresión con retardo psicomotor. A eficacia terapéutica do bupropion baséase na súa acción como inhibidor selectivo da recaptación de dopamina (DÁ) e noradrenalina (NA). Postúlase que os efectos clínicos só parcialmente se deben á actividade da droga, xa que o bupropion é ademais, un prol-droga. Como produto do metabolismo da droga nai, sintetízanse no organismo polo menos tres metabolitos activos, un dos cales sería o responsable de boa parte dos ...
Bromacepam (coñecido entre outros cos nomes comerciais de Lexatín®, Calmepam®, Compendium®, Creosedin®, Durazanil®, Lectopam®, Lexaurin®, Lexomil®, Lexotan®, Lexotanil®, Normoc®, Somalium®)é unha droga derivada da benzodiacepina. Posúe propiedades sedativas, hipnóticas, anxiolíticas e muscular relaxante do esqueleto.. ...
A netilmicina é un antibiótico de amplo espectro que pertence á familia dos aminoglicósidos, utilizado xeralmente en forma de sulfato de netilmicina. É un antibiótico semisintético derivado da sisomicina, a cal é producida pola bacteria Micromonospora inyoensis, polo que a netilmicina se pode denominar tamén 1-N-etil-sisomicina [1]. Actúa uníndose á subunidade de 30 S do ribosoma e ao ARNr de 16 S, o que interfire coa formación do complexo de iniciación co ARNm e impide a síntese correcta das proteínas[2]. Este fármaco non se absorbe polo tracto dixestivo, polo que se administra en forma de infusión ou inxectable. A netilmicina é activa contra moitos bacilos gramnegativos que son resistentes á xentamicina, aínda que é menos activa contra a Pseudomonas aeruginosa do que a tobramicina. ...
O acetato de isoamilo, denominado tamén acetato de amilo, aceite de plátano ou aceite de banana,[1] é un composto orgánico de fórmula CH3COOCH2CH2CH(CH3)2 que é un éster do alcohol isoamil e o ácido acético. É un líquido incoloro con aroma a bananas (e lixeiramente a pera) e por iso algunhas industrias alimentarias emprégano como aromatizante.[2] A denominación aceite de banana ou aceite de plátano aplícase tanto ao acetato de isoamilo empregado como aromatizante, como ás mesturas de acetato de isoamilo, acetato de amilo e outros compostos.[1] ...
Trátase dun neurotransmisor da familia das catecolaminas secretada en situacións de alerta polas cápsulas das glándulas suprarrenais e que actúa sobre o metabolismo, o sistema nervioso central e os aparatos circulatorio e respiratorio. Prepara o organismo para grandes esforzos físicos, estimula o corazón, eleva a tensión central, relaxa certos músculos e contrae outros. A adrenalina deriva da fenilalanina ou da tirosina. A L-fenilalanina convértese en L-tirosina por acción da tetrahidrobiopterina e o cofactor NADH. Á súa vez, a tirosina convértese en L-DOPA e esta en dopamina por acción da L-aminoácido descarboxilase. A dopamina transfórmase en noradrenalina por acción da dopamina β-hidroxilase. Finalmente, a noradrenalina é convertida en adrenalina por mor da feniletanolamina N-metil transferase (PNMT). Estas reaccións ocorren nas células cromafíns da medula suprarrenal. A adrenalina libérase cando hai estímulos de estrés, que son mediados por unha neurona ...
A vitamina B1, tamén coñecida como tiamina [1], é unha substancia que actúa como coenzima no metabolismo dos hidratos de carbono, permitindo metabolizar o ácido pirúvico. Ademais participa na síntese de substancias que regulan o sistema nervioso. A súa forma activa é o pirofosfato de tiamina (TPP). A súa absorción no intestino realízase facilmente, polo que a súa falta na dieta causa problemas metabólicos, en particular a nivel do metabolismo dos carbohidratos, poucos días despois. A carencia de vitamina B1 produce unha enfermidade con sintomatoloxía nerviosa denominada beriberi. A vitamina B1 ou tiamina atópase na carne de vacún ou de porco, noces, garavanzos, millo, ovos, figos secos, fígado, avea, chícharos, cacahuetes, pataca, arroz integral, fabas de soia, trigo e fariña branca enriquecida. ...
O carbonato de calcio é un composto químico, de fórmula CaCO3. É unha substancia moi abundante na natureza, formando rochas, como compoñente principal, en todas partes do mundo, e é o principal compoñente de cunchas e esqueletos de moitos organismos (p.ex. moluscos, corais) ou das cascas de ovo. É a causa principal da auga dura. En medicina utilízase habitualmente como suplemento de calcio, como antiácido e axente adsorbente. É fundamental na produción de vidro e cemento, entre outros produtos. É compoñente dos seguintes minerais e rochas: ...
Unicamente existe formulación intravenosa. A dose convencional é de 1 ou 2 gramos cada 6 u 8 horas. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal con filtrado menor de 50. ...
As máis frecuentes son somnolencia, mareos, dificultades na coordinación psicomotora (ataxia) e na función motriz, deterioración nas funcións cognitivas, e depresión. Tamén poden presentarse nerviosismo, alteracións do comportamiento, cansazo e debilidade non habituais, perda do equilibrio, e amnesia anterógrada (especialmente con doses altas). Os pacientes xeriátricos e debilitados, nenos e pacientes con trastornos hepáticos, son máis sensibles aos efectos das benzodiazepinas sobre o SNC. ...
O cadmio está considerado un contaminante ambiental e, indirectamente, dos alimentos con posibles efectos tóxicos sobre a saúde humana, ben por exposición, ben por inxestión de auga ou alimentos contaminados. Respirar nun ambiente contaminado por presenza de cadmio pode danar gravemente os pulmóns. A inxestión de auga ou alimentos con niveis de cadmio moi altos provoca irritación grave do estómago, vómitos e diarrea. Máis preocupante é a exposición prolongada a niveis baixos de cadmio no aire ou nos alimentos: acumúlase nos riles e remata provocando enfermidade renal e, posiblemente, danos nos pulmóns e fraxilidade dos ósos. O Departamento de Saúde e Servizos Humanos, dos Estados Unidos, determinou que o cadmio e os seus compostos son carcinóxenos en seres humanos. Tamén se comprobaron efectos adversos nos animais novos e animais xestantes pero non hai confirmación de que se produzan efectos similares en humanos. Hai estudos que demostran que os animais novos absorben máis ...
Nalgunhas zonas diminuíu o emprego do sal común para evitar a formación de xeo e aumentou o uso de cloruro de magnesio líquido como un anticonxelante. O cloruro de magnesio líquido pulverízase sobre o pavimento seco (pista de engalaxe) antes de que neve, ou sobre o pavimento mollado antes de que se acaden temperaturas de conxelación nos meses de inverno, para evitar que a neve e o xeo se peguen ás pistas. O emprego de anticonxelantes supón unha mellora da seguridade. Con respecto ó emprego do cloruro del magnesio como anticonxelante preséntanse dous tipos de problemas por efectos electrolíticos: contaminación dos illadores, o que ocasiona que se formen arcos eléctricos a través deles e, corrosión do aceiro e do aluminio o que afecta a postes e a outras infraestruturas. ...
O principal control da produción de cortisol exérceo a hormona ACTH da adenohipófise ou pituitaria anterior. A ACTH probablemente impulsa a produción de cortisol controlando o movemento de calcio nas células diana secretoras de cortisol.[13] A ACTH é á súa vez controlada pola hormona hipotalámica CRH, que está baixo control nervioso. A CRH actúa sinérxicamente coa arxinina vasopresina, anxiotensina II, e epinefrina.[14] Cando os macrófagos activados empezan a segregar interleucina-1 (IL-1), a cal sinerxicamente coa CRH incrementa a produción de ACTH,[15] as células T tamén segregan o factor modificador da resposta de glicosteroides (GRMF ou GAF) xunto con IL-1; ambas as substancias incrementan a cantidade de cortisol requirida para inhibir case todas as células inmunes.[16] As células inmunes asumen despois a súa propia regulación, pero a un punto de referencia de cortisol máis alto. O cortisol mesmo ten un efecto de retroalimentación negativa sobre a interleucina-1 [15], ...
Pode ser deficitaria en individuos que reciben alimentación parenteral total durante varios anos. Os síntomas provocan a deterioración das funcións metabólicas descritas, eccema, dermatite seca e descamativa, palidez, náuseas, vómitos, anorexia, gran fatiga e depresión. A carencia de biotina é rara e poucas veces observada, xa que a mesma está amplamente distribuída na alimentación e os requirimentos diarios mínimos son baixos, entre 200 e 300 μg por día. Ademais crese que as bacterias intestinais terían a propiedade de formar biotina ou de transformar metabolitos inactivos da biotina en biotina libre. A biotina atópase amplamente distribuída nos alimentos, principalmente en ril, fígado, xema de ovo, fungos, algúns vexetais (coliflor, pataca) e froitas (plátano, uva, sandía e amorodos), cacahuete, fermento, leite, améndoas, noces, chicharros secos, peixe, polo e na xelea real. Que pasa coa clara do ovo e a avidina? Só se atopa avidina activa na clara crúa do ovo xa que ...
RxNorm: 1367178. *UNII: 30K4522N6T. Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a ...
Hipócrates, Galeno, Plinio o Vello e outros xa sabían da casca do salgueiro para aliviar as dores e molestias e reducir as febres.[6] Durante moito tempo foi utilizada en Europa e na China para o tratamento destas dores.[7] Esta menciña tamén se menciona nos textos do antigo Exipto, Sumeria e Asiria.[8] Os cherokees e outros nativos americanos utilizaron unha infusión da casca para a febre e outros fins medicinais.[9] A parte medicinal da planta é a casca interna e foi utilizada como un analxésico para unha variedade de doenzas. En 2014, os arqueólogos identificaron restos de ácido salicílico en anacos de cerámica do século VII atopados na parte centrooriental do Colorado.[10] O reverendo Edmund Stone, un vigairo de Chipping Norton, Oxfordshire, Inglaterra, observou en 1763 que a casca do salgueiro era eficaz na redución da febre.[11] Un extracto activo da casca, chamada de salicina, a partir do nome latino do salgueiro branco (Salix alba), foi illado e nomeado polo químico alemán ...
O Pentobarbital (tamén coñecida entre outros co nome comercial Nembutal®) é unha droga do tipo dos barbitúricos sintéticos comumente empregada como sedativo, hipnótico e antiespasmódico na forma dos seus sales de sodio ou calcio. A súa fórmula química é: C11H18N2O3 ...
Os termos noradrenalina (do latín nor + ad + renal) e norepinefrina (do grego nor + epi + nephros) son intercambiables e co mesmo significado etimolóxico (nor + enriba dos riles). Nor é un prefixo químico [6]. Noradrenalina é o nome máis usado na maior parte do mundo e popularmente, polo que foi o elixido para o título deste artigo e o que principalmente se utilizará aquí, pero as autoridades médicas promoveron o termo norepinefrina como nomenclatura favorecida nalgúns países, e o termo é o máis usado en EEUU e aparece en moitos libros e publicacións científicas. A historia do nome da noradrenalina ten que ver coa do nome da adrenalina, que se descubriu primeiro. No século XIX O. Schäffer e despois J. J. Abel xa traballaran con extractos das glándulas adrenais. Abel extraeu deses extractos un benzoíl derivado ao que chamou epinefrina (pero non é a mesma substancia hoxe chamada así). En 1901 o xaponés J. Takamine foi o primeiro en extraer con éxito o verdadeiro principio ...
O cobalto natural só ten un isótopo estable, o Co-59. Caracterizáronse 22 radioisótopos sendo os máis estables o Co-60, o Co-57 e o Co-56 con vidas medias de 5,2714 anos, 271,79 días e 70,86 días respectivamente. Os demais isótopos radioactivos teñen vidas medias inferiores a 18 horas e a maioría menores de 1 segundo. O cobalto presenta ademais catro metaestados, todos eles con vidas medias menores de 15 minutos. A masa atómica dos isótopos do cobalto oscila entre 50 uma (Co-50) e 73 uma (Co-73). Os isótopos máis lixeiros có estable (Co-59) se desintegran principalmente por captura electrónica orixinando isótopos de ferro, mentres que os máis pesados có isótopo estable se desintegran por emisión beta dando lugar a isótopos de níquel. O cobalto-60 úsase en radioterapia en substitución do radio polo seu menor prezo. Produce dous raios gamma con enerxías de 1,17 MeV e 1,33 MeV e ao ser a fonte empregada duns dous centímetros de radio provoca a aparición de zonas de ...
Durante o exercicio intenso, cando hai excesiva demanda de enerxía, prodúcese lactato a un ritmo maior ca o que poden os tecidos eliminalo e a concentración de lactato comeza a aumentar. Antes pensábase, e moita xente aínda así o cre, que a acumulación de lactato nesas situacións era a causante directa da acidose e a responsable das maniotas, que aparecen despois do exercicio intenso. Hoxe sabemos que non é así. En realidade, o lactato non pode liberar H+ porque éstá ionizado (non está en forma de ácido láctico que se poida desprotonar), polo que non provoca acidez [4][5]. A acidose que aparece despois do exercicio ten que deberse a outra reacción distinta. Unha hipótese é que cando se hidroliza o ATP se libera enerxía, pero tamén un H+. Este catión é o principal responsable da diminución do pH (acidificación). Debido á gran cantidade de ATP producido e hidrolizado en tan pouco tempo durante o exercico intenso, os sistemas tampón dos tecidos non poden amortecer o pH, ...
Ötzi, o cadáver achado nos Alpes e datado cara a 3300 a. C., levaba unha machada de cobre cun 99,7 % de cobre e un 0,22 % de arsénico.[20][21] Desta época data tamén o sitio de Los Millares (Almería, España), centro metalúrxico próximo ás minas de cobre da serra de Gádor. Non se sabe como nin onde xurdiu a idea de engadir estaño ao cobre, producindo o primeiro bronce. Crese que foi un descubrimento imprevisto, xa que o estaño é máis brando que o cobre e, con todo, ao engadilo ao cobre obtíñase un material máis duro cuxos fios conservábanse máis tempo,[18] O descubrimento desta nova tecnoloxía desencadeou o comezo da Idade de Bronce, datado en torno a 3000 a. C. para Oriente Próximo, 2500 a. C. para Troia e o Danubio e 2000 a. C. para China. No xacemento de Bang Chian, en Tailandia, dataronse obxectos de bronce anteriores ao ano 2000 a. C.[22] Durante moitos séculos o bronce tivo un papel protagonista e cobraron grande importancia os xacementos de estaño, a miúdo ...
Hai indicios do uso de ferro, seguramente procedente de meteoritos, catro milenios a. C., polos sumerios e exipcios. Entre dous e tres milenios antes de Cristo foron aparecendo cada vez máis obxectos de ferro (que se distingue do ferro proveniente dos meteoritos pola ausencia de níquel) na Mesopotamia, Anatolia e Exipto. Mentres tanto, o seu uso parece ser cerimonial, por ser un metal moi caro, máis que o ouro. Algunhas fontes suxiren que talvez era obtido como subproduto da obtención do cobre. Entre 1600 e 1200 a.C., obsérvase un aumento do seu uso no Oriente Medio, porén non foi usado para substituír o bronce.[6] Entre os séculos XII e X antes de Cristo, ocorreu unha rápida transición no Oriente Medio na substitución das armas de bronce polas de ferro. Esta rápida transición talvez teña ocorrido debido a unha escaseza de estaño ou a unha melloría na tecnoloxía do traballo co ferro. Este período, que ocorreu en diferentes ocasións segundo o lugar, denominouse Idade de Ferro, ...