A prata natural componse de dous isótopos estables, Ag-107 e Ag-109, sendo o primeiro lixeiramente máis abundante (51,839%) que o segundo. Caracterizáronse vinte e oito radioisótopos, dos cales os máis estables son os Ag-105, Ag-111 e Ag-112, con períodos de semidesintegración de 41,29 días, 7,45 días e 3,13 horas respectivamente. Os demais isótopos teñen períodos de semidesintegración máis curtos que unha hora, e a maioría menores que tres minutos. Identificáronse numerosos estados metastables entre os que os máis estables son Agm-108 (418 anos), Agm-110 (249,79 días) e Agm-107 (8,28 días).. Os isótopos da prata teñen pesos atómicos que varían entre as 93,943 uma da Ag-94 e as 123,929 uma da Ag-124. A principal forma de desintegración dos isótopos máis lixeiros que o estable máis abundante é a captura electrónica resultando isótopos de paladio, mentres que os isótopos máis pesados que o estable máis abundante desintégranse sobre todo mediante emisión beta, ...